Mergúllate no universo das recollidas realizadas polo alumnado do IES Alexandre Bóveda ás súas familias durante o Nadal de 2021. Velaquí algunhas delas, plasmadas nos seus documentos de recolla entregados.
Contos, lendas, anécdotas, historias autobiofráficas, sucedidos.
Neste apartado achegarémonos a naracións curtas coma contos, lendas, anécdotas, historias autobiofráficas, sucedidos... que nos transportarán a mundos marabillosos, a través dos que coñeceremos máis sobre o noso pasado, a nosa cultura e, en definitiva, sobre nós mesmxs.
Iria Fernández Cantó (4ºESOC)
en construción
2. Recitados e cantigas
Neste apartado, presentamos recitados e cantigas recollidas polo alumnado do IES Alexandre Bóveda á súa familia durante o mes de decembro de 2021.
E como din as Tanxugueiras... Esta noite hai foliadaaaa!!!
Iria Bouza Agulla (4ESOºA)
en construción...
3. Ditos, refráns, xogos e adiviñas
O refraneiro galego é un dos máis abondosos entre as diferentes culturas europeas. Os ditos, refráns, xogos e adiviñas son parte da nosa tradición oral e levan resoando desde tempos remotos. Grazas a estes retallos de sabedoría, antigamente se explicaban moitas situacións do día a día, como as relacionadas coas épocas do ano, a agricultura, o mar, as celebracións....
Por outra parte, os nosos xogos tradicionais combinan intelixencia, reciclaxe e tradición; polo que pensamos que son un tesouro que debemos poñer en valor. Neste apartado, centrarémonos nestas pequenas mostras de cultura popular, recollidas polo alumnado do IES Alexandre Bóveda ás súas familias durante o Nadal de 2021.
Carme Burguillo Areal (2ºESOB) - "Pés quedos" (xogo)
en construción...
Comentarios