top of page

As imaxes do patrimonio 2º ESO B (2024-2025)

  • Foto del escritor: edlgalexandreboved
    edlgalexandreboved
  • 11 abr
  • 4 Min. de lectura

Actualizado: 22 abr

Velaquí as fotografías recollidas polo alumnado de 2ºESO B do IES Alexandre Bóveda ás súas familias durante as vacacións de Nadal de 2024; e que servirán para participar no VIII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas, que se celebrará este curso. Botádelle un ollo, porque nin as fotos nin as historias teñen desperdicio.


Calviño Albert, André




Lago Betancor, Antía


Nesta foto aparecen os meus bisavós, Vicenta Dacal Gómez e Luis Vázquez Andelo, no día da súa voda na igrexa de Santa María da Barra, Coles (Ourense) o 27 de agosto de 1930. A foto foi feita no estudio de fotografía Pacheco de Ourense por esas datas.

Na foto aparece a miña bisavoa, Vicenta, cun vestido de noiva mercado en Pontevedra polos seus padriños, que lle tiñan moitísimo agarimo porque se foi a estudar á súa casa de Pontevedra desde os 10 aos 14 anos.

O vestido non ten a típica cor branca, senón que é negro e isto foi devido a que a miña bisavoa tivo que deixar os seus estudos en Pontevedra e voltar a súa casa A Barra, para axudar a súa nai a coidar aos fillos da súa irmá que morrera de gripe española, por tanto foi unha muller que caso a unha idade tardía os 25 anos e a cor do vestido reflexa esa idade.



Mínguez Fernández, Marta

Esta foto recuperámola do album dos meus bisavós paternos. A miña madriña (á cal encántalle a fotografía), escaneou esta e outras fotos antigas para que non se perderan. É unha foto da miña bisavoa paterna, Amelia Francisca Lorenzo Conde, nas festas de Santa Cristina de Lavadores o 24 de xullo do ano 1960. O seu pai, José María Lorenzo Riveiro, foi alcalde de Lavadores na posguerra. A súa nai chamábase Pilar Rogelia Conde Román. A bisavoa está no centro da terceira ringleira cunha cunca. Están a celebrar as festas patronais de Santa Cristina no campo. A parroquia dos veciños de Lavadores identificábase coa bandeira vermella cunha banda esmeralda e unha danza : “A Farsa dás Damas e Galáns” tras saudar á imaxe da súa patroa, á que acompañaban na procesión. Esta festa de Santa Cristina, a dá Señora do Rosario, e a do Corpus Christi son as únicas que seguen celebrándose. A miña bisavoa falaba do grupo os “Morenos de Lavadores” e a súa foliada pola tarde, que con tambor, tamboril, bombo e cunchas tocaban alboradas, muiñeiras, pasodobres e foliadas. A bisavoa Amelia contaba que a noite anterior xuntábanse as mulleres na súa casa para facer os doces e festexalo ao día seguinte. Noutras datas facían os roscóns de reis, de Semana Santa, e nos “ Maios” vestían ás nenas de raso branco, colocábanlles unhas ás de plumas brancas e unha coroa de flores, e subíanas ás árbores da contorna da igrexa para recitar desde as ramas poemas que exaltaban a primavera e cos que tamén se festexaba o Día da Virxe de Fátima. Tras o recital soltaban pombas e pétalos das roseiras de Lavadores e xasmín ao aire.


Otero Carrera, Nuria





Pérez López, Hugo


Nesta foto pode verse a igrexa da miña vila en Faramontaos . É un sitio importante pois foi o sitio favorito da miña avoa , xa que os domingos ía a rezar a misa e tamén deixáballe flores a súa nai que morreu cando ela tiña 2 anos , entonces a súa avoa a coidaba . Actualmente cambiaron poucas cousas , tamén a miña avoa sigue indo a misa os domingos e se estamos nós a acompañamos . Agora moi pouca xente va a misa , xa que a xente maior xa non está con nós e os xovenes mudáronse hacia as cidades . Na foto pode verse as tumbas dos que xa non están con nós , a porta onde moita xente chega a orar , as pedras que están perfectamente colocadas para crear esa bonita e perfecta pared , na parte de enriba encontrase as campás que suenan cada hora que pasa e na parte superior encontrase a cruz de cristo , para min o máis bonito da igrexa .




Rodríguez Fernández, Violeta


A foto foi tomada no ano 1961 en París, á beira do río Sena. O mozo da dereita é o meu avó Vicente, unhos meses despois de chegar a París. O seu lado está o seu irmán, o tío Manolo, e os outros 3 mozos son os compañeiros de cuadrilla que traballaban co avó e o tío na construción. O meu avó emigrou a París no ano 1961 porque no seu pobo, e en xeral en Galicia, había pouco traballo e poucas oportunidades. Pola contra, en París había moito traballo e pagaban moi ben. O tío Manolo xa levaba dous anos alí e buscoulle traballo ao avó que empezou a traballar de albanel co tío Manolo e a súa cuadrilla. Os outros tres compañeiros eran portugueses, para o avó e o tío Manolo era moito mais fácil entenderse cos portugueses que cos outros emigrantes que traballaban en París na construción naquela época (rumanos, polacos, iugoslavos, etc). Ademais da semellanza na lingua, tamén compartían costumes: eran moi familiares e sempre estaban pensando en aforrar para levar cartos a súa familia, eran alegres, gustáballe moito a música e gozaban os domingos comendo cos seus amigos.










Comentários


bottom of page