As imaxes do patrimonio 4º ESO E (2024-2025)
- edlgalexandreboved
- 11 abr
- 6 Min. de lectura
Actualizado: 20 abr
Velaquí as fotografías recollidas polo alumnado de 4º ESO E do IES Alexandre Bóveda ás súas familias durante as vacacións de Nadal de 2024; e que servirán para participar no VIII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas, que se celebrará este curso. Botádelle un ollo, porque nin as fotos nin as historias teñen desperdicio.
Costa Noguerol, Hugo

Esta foto é de 1956, nela podemos ver o Teatro-Cine Fraga. Pódese ver a entrada principal do edificio, así como parte da rúa Uruguai ondesó había un coche da época e a xente andaba tranquilamente pola rúa, debido aospoucos coches que nesa época había na cidade de Vigo.
O dono deste cine foi Isaac Fraga Penedo, o meu tataravó, que creeu que este gran proxecto era perfecto para a cidade de Vigo. O cine estivo activo ata o 2001 cando se vendeu á Fundación Abanca. Meu avó traballou alí ata ese momento.
O cine comezou a construirse en 1942 e rematou en 1948.Na fotografía pódese ver a planta baixa onde estaban as salas de cine e os arcos dos ventanais na planta alta que pertencen á vivenda na que a miña familia residía.
Hoxe en día a fachada do edificio está conservada xa que é un edificio histórico. Fai pouco a Deputación e a Xunta fixéronse cargo del e van a restaurar o seu interior para poder devolverlle a Vigo parte da súa cultura.
Lago Montero, Noelia

Miña avoa tivo que emigrar a Francia no ano 1966, para conseguir traballo. Traballou nun hotel que se chamaba Ocean, a foto foi tomada nese hotel. Ela encargábase da limpeza das habitacións dos residentes do hotel. E na foto podemos ver a miña avoa rodeada dalgúns dos seus compañeiros que traballan con ela, 3 de eles eran franceses e unha era española. Tamén podemos ver que están con botellas, como se estiveran de festa ou celebrando, xa que eles empezaban a traballar no hotel na semana santa e remataban a principios de setembro, xa que era a tempada onde os turistas ían aos hoteis. E están celebrando esa despedida, xa que despois cada un tiña que volver a súa casa, e no caso da miña avoa, ao seu país. Pero ao ano seguinte todos volvían de novo a traballar ao hotel.
Lema Martínez, Iria


As miñas fotos son da voda dos meus tíos avós, eles no ano sesenta e tres cando a miña tia tiña vinte anos e o meu tio vinte e catro. Coñeceronse nunha festa veciñal, e os poucos anos xa estábanse a casar na igrexa da súa barriada, no seu casamento asistiron moita xente, todos os seus amigos e máis a miña avoa, a irmá da miña tia e o meu avó. Tiveron un fillo, non chegaron a ter netos pero para eles eu máis o meu irmán somos coma os seus netos. Coma ben di no audio, o meu tio non fala moi ben o galego, xa que aínda que o falen na casa, cando el era mozo non lles deixaban falar en galego na escola e no traballo, xa que dicían que si o falabas eras de aldea e que non tiñas cartos. El trata de practicalo coa miña tia todo o que pode, e da maneira que saben.
Marrero Fernandez, Vanesa



Neste caso eu vou describir as tres fotos que mandei anteriormente onde a miña avoa conta a historia tras esas sinxelas pero fermosas fotos. Na primeira foto pódese ver o hotel “Trotcha”; un hotel polo que se pode apreciar na imaxe bastante antigo. Nada máis pódese distinguir na imaxe a entrada principal do hotel onde encontramos a porta principal cun aspecto rústico e pasado de época con respecto ao ano en que vivimos; con dúas véntanas situadas lateralmente xunto cunhas escaleiras á fronte da porta. E por último podemos apreciar dúas columnas, un muro que debe abordar a entrada principal completamente; cunha rexa e arriba un cartel onde podemos ver perfectamente o nome do hotel.
Na segunda imaxe podemos ver ao meu bisavó sentado nun dos bancos do xardín traseiro do hotel cunha moi belo sorriso no rostro e na terceira podemos ver a miña bisavoa senta nun dos corredores do hotel onde seguramente estaría a falar coas súas veciñas; cabe destacar que naquel momento o hotel xa era una veciñanza.
Como a miña avoa conta o hotel creouse polos anos 1880 pero ao longo dos anos converteuse nunha veciñanza onde viviron os meus bisavós, a miña avoa e os seus irmáns e mesmo o meu pai ata os oito anos. E como curiosidade podo dicir que nese lugar estivo hospedado “JoséMartí”, un dos nosos máis grandes heroes na historia do meu país cando a veciñanza prestaba servizos servizos hostaleiros

Agora vou a describir estas outras imaxes por parte da miña avoa materna. Na primeira foto pódese ver aos meus avós vestidos de noivos moio contentos ao unir as súas vidas en sacro matrimonio, nesta foto distínguese moi ben o momento en que os noivos úntanse do merengue do pastel na cara e nariz. Na segunda foto vemos o momento en que os meus avós póñense os aneis de matrimonio como símbolo da súa unión.
Na terceira imaxe pódese apreciar o momento da entrada da noiva onde o meu bisavó acompáñaa ata entregala ao altar e na última imaxe apreciase o momento máis importante da voda onde firman fronte ao xuíz.
Despois desta descrición quero contar que desde moi pequena sempre me encantou mirar as fotos da voda dos meus avós porque amaba mirar a alegría que se reflectía nelas. Ademais que desde que teño memoria sempre estiveron unidos nas boas e nas malas, se algún día chego a casarme con alguén me gustaría que fose tan forte e fermoso como o dos meus avós.
Palazón Fernández, Alexia

Nesta imaxe aparecen o meu avó Constantino Fernández Lago xunto co seu pai Constantino Fernández Otero e a súa irmá María Fernández Lago no ano 1952. Na imaxe están situados no cárcere do Partido Xudicial de Lugo feito por un arquitecto Nemesio Cobreros y Cuevillas no 1878, preto da Muralla de Lugo. Estivera habitada por homes e mulleres que apenas se veían e controlábanse desde o centro dun impresionante espazo circular.
A súa construcción levouse a cabo entre o 1882 e 1887, idealizada como penitenciaría menor e xulgado e financiada pola Deputación Provincial de Lugo. A súa intención foi mellorar a hixiene,confort e moralidade dos presos. O cárcere organizouse en dúas áreas separadas: a área de administración, por diante da prisión, que funcionaba como Xulgado de Administración e Instrución, e a Cárcere, neste caso cun módulo rectangular para mulleres e outro para homes, cuxo patio interior será converterse no espazo simbolizado do edificio. Na parte traseira, como módulo independente, o Pavillón de Servizos, coa cociña,
enfermería e almacéns. Entre o muro exterior e o cárcere, un patio de seguridade perimetral aberto, cuxo interior amurallado deixa dous patios triangulares para o recreo dos presos.O cárcere permaneceu en uso ata 1981, sendo o período entendido entre 1936 e 1940 o período de maior actividade e numeroso, acollendo a 900 reclusos, moitos deles encerrados por motivos políticos.
Pena Muíños, Noa

Nesta foto tomada nos anos 30 en Matamá aparece a banda de música de Matamá . Nela podemos ver ao redor de 35 músicos vestidos co traxe de banda e os seus respectivos instrumentos , e no medio vemos ao director distinguido polo seu uniforme diferente , con unha americana de cor máis clara e unha gorra algo diferente ao resto.
Na banda podemos ver varios instrumentos de vento como por exemplo : Clarinetes, Trompas , Bombardinos ,Trombóns de varas, Frautas traveseiras , Tubas , Trompetas , Cornetas e diferentes instrumentos de percusión. A banda estaba formada toda por homes xa que nas bandas de músicas as mulleres non foron aceptadas ata os anos 70. Na foto pódese apreciar que eran case todos nenos ou adolescentes aínda que había persoas de diversas idades.
E por último podemos ver que cara o fondo hai uns señores que non pertencian á banda pero saíron na foto probablemente polo que di a miña avoa serían amigos ou familiares dos compoñentes da banda que estaban esperando xa que a foto foi tomada ao rematar o concerto. Polo número de compoñentes pódese ver que era unha banda importante.
Serrapio García, Ariadna

Esta imaxe pertence ao ano 1960 en tui, concretamente na rúa obispo maceira. Pola choiva o rio miño creceu e inundou as rúas do arrabal (a zoa mais preto do curso do rio miño). Esa rúa que se ve na imaxe é na que vive actualmente a miña avoa (a nai de meu pai). A casa da miña avoa é a que ten balcón e as persoas que están asomadas son os meus avós mais uns amigos que son os donos da casa do lado que estaba mais inundada e non podían entrar. Na rúa están os veciños que van nunha barca axudando as persoas que o necesitasen. Meus avós tamén prestaron axuda aos veciños.
A parte de abaixo da casa da miña avoa inundouse, na que antigamente a miña bisavoa (nai do meu avo) tiña unha taberna e tenda de comestibles. O caudal do rio tardou en baixar un par de días, despois tiveron que limpar todo o baixo da casa.
Commentaires