As imaxes do patrimonio 4º ESO D (2024-2025)
- edlgalexandreboved
- 11 abr
- 4 Min. de lectura
Actualizado: 21 abr
Velaquí as fotografías recollidas polo alumnado de 4º ESO D do IES Alexandre Bóveda ás súas familias durante as vacacións de Nadal de 2024; e que servirán para participar no VIII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas, que se celebrará este curso. Botádelle un ollo, porque nin as fotos nin as historias teñen desperdicio.
Lorenzo Iglesias, Iker

Na fotografía podemos observar por unha banda a dúas persoas no centro á esquerda: un home adulto, de pel branca, pelo curto e castaño, con camisa vermella e pantalóns grises de traballo, e que finalmente ten o que parecen unhas botas azuis, e que este está detrás da segunda persoa: un cativo neste caso, moi novo, tamén de pel branca, con camisa azul marina, gorro e pantalóns máis folgados.
Pola outra, podemos ver o fondo. Este mostra un ceo azul despexado e solleiro, cunhas poucas nubes. Á esquerda podemos ver unha árbore con palla seca diante, e á dereita a casa do que podemos supór que son das dúas persoas: toda gris, cunhas poucas fiestras e con ladrillos a medio construír, na que ademais podemos ver que no patio parece haber un pendello que parece ter máis cores: ademais do gris ten recadros brancos.
Ocampo Illanes, Héctor

Ao frente da foto atópase a miña bisavoa ( nai da miña avoa ) montada a cabalo, a súa esquerda atópase o meu tioavó ( irmán da miña avoa ), era un neno de dez anos. Detrás del estaba posando a miña tíavoa ( irmá da miña avoa ) unha nena de 11 anos. Estaban no camiño que daba a entrada da casa, eles en concreto sitúanse en fronte da portada. Detrás deles atópse unha capela onde fai moito tempo daban misa, xa que a finca onde se atopan antes pertencía a unha familia moi rica. Pegada a ela plantóuse unha
figueira que segue viva hoxe en día. A esquerda localízase un dos prados da finca que remata nun bosque frondoso. Bordeando o camiño a dereita temos unha parede de pedra pertencente a aira onde se mallaba o centeo, a esquerda non había máis ca un pinar. Finalmente diante do pinar pódese apreciar o camiño de pedra que baixaba ao prado.
Pérez Rodríguez, Lucas

Nesta foto, está a miña avoa Concha, á dereita, coas súas dúas irmáns, na escola de Santalla de Rei, cerca de Monforte de Lemos, en Lugo. Foi próxima aos anos 1950 e era en pleno rural. Están lendo e escribindo, nunha bancada de madeira con mesa na que collían de tres a cinco nenos. No fondo está o mapa de España, xunto coa pizarra e un crucifixo de madeira, que non se ve nesta foto, pero sí que o había na clase. Os libros só se usaban na escola, non se levaban á casa. A libreta era de poucas follas e alí practicábanse as materias básicas (escribir, sumar, restar, …). Tamén tiñan lápiz, goma e pouco máis. Os descansos eran longos e no medio da natureza e non tiñan tarefas para a casa. Moitos nenos non podían asistir á escola porque tiñan que axudar no campo. Toda a escola reducíase a unha clase e con nenos de diferentes idades e sendo sempre un grupo reducido (10 ou 15). Era a única escola en kilómetros!
Sánchez Rodríguez, Silvia

A data na que foi tomada esta foto foi arredor de 1969. Os pais da miña avoa Josefina, tiñan un restaurante en Viladesuso (Oia), xa que era a aldea onde vivían, no cal preparaban as comidas de vodas, bautizos e moitos máis. Nesta imaxe pódese ver a miña avoa e a todo o persoal do restaurante comendo despois de servirlles aos clientes na celebración. As persoas reunidas na foto son o pai da miña avoa, dous
camareiros, un invitado da voda, as irmás da miña avoa, Felicia e María, e por último a miña avoa Josefina. Sempre despois de servir a todos os clientes que tiñan, comían eles. O restaurante era do meu bisavó, o cal traballaba todos os días coa axuda da súa familia que estaba fromada por as súas fillas, o seu fillo e a súa muller. Hbaía máis servizo traballando alí pero case todo era da familia.
Senra Juncal, Noa

Esta obra trata da vida dun tío do meu pai. Pero pode ser a vida de moitos nenos de mediados do
século pasado. Os avós de meu pai meteron a este fillo nun seminario, porque viron que lle interesaba estudar, e segundo o meu pai, como non había cartos na familia, esa era a mellor opción. Non estaba só, tamén foron outros nenos do pobo. Unha vez rematado o seminario quixo emigrar, como moita xente
naqueles anos. Marchou a Cuba, onde estivo moi contento, pero por problemas políticos tivo que escapar de alí, e como quedarse en Galicia non era unha boa opción, volveu emigrar, a Estados Unidos, coa súa familia. Pero cada ano, polas vacacións, se podía, volvia a Galicia, ata case o ano que morreu. Dicía meu tío que no seminario a vida non era doada, porque había que estudar moito, e con moitas horas de clases. Pero facía moi bos amigos, e sempre que volvía a Galicia gustaba de velos de novo. E nas súas vacacións visitaba varias cidades de Galicia para poder verse de novo e falar da súa infancia.
Silva Estévez, Iago

Nesta foto pódense ver aos meus abós, estaban na súa boda, o ano sesenta e oito foi o ano no que se casaron, agora levan xa cinconta e sete felices anos de casados. A foto foi tomada despois de casarse e se pode apreciar que a miña aboa levaba o ramo.
Polo que me contou o meu abó aquel día chovía moitísimo, como nunca o vira e que casáronse na igrexia dos Xesuitas e que foron a merendar e en parte almorzar ao Canario, en Chapela.
Encanto ao día da foto en sí pouco máis hao por contar, unha boda sempre é divertida e sobretodo para os novios, pero si que foi un ano de moita axitación política e no que moita xente pasoino moi mal, asasinaron a Robert Kennedy, houbo a matanza de Tlatelolco, en México, unha traxedia, etc. En xeral ocurriron moitas cousas no mundo, pero o que resultou máis importante para o meu abó foi obviamente a súa boda.
Comments