top of page

As imaxes do patrimonio 2º ESO E (2024-2025)

  • Foto del escritor: edlgalexandreboved
    edlgalexandreboved
  • 11 abr
  • 7 Min. de lectura

Actualizado: 21 abr

Velaquí as fotografías recollidas polo alumnado de 2ºESO E do IES Alexandre Bóveda ás súas familias durante as vacacións de Nadal de 2024; e que servirán para participar no VIII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas, que se celebrará este curso. Botádelle un ollo, porque nin as fotos nin as historias teñen desperdicio.



Chico Buceta, Martin



Costa Noguerol, Álvaro

 

Na foto que recollín aparece o Teatro-Circo Tamberlick situado na rúa Eduardo Iglesias, antes chamada rúa do Circo. Esta foto é de 1926.

 

Inaugurado en 1882 coa representación do tenor Enrico Tamberlick, que lledeu o seu nome, funcionou como circo ata 1997 e no ano 1920 o meu tataravó Isaac Fraga Penedo comprouno e reformouno para que fora unha gran sala de cine.

 

A primeira proxección de cine sonoro en Vigo foi neste cine en 1930 nel tamén se representaron obras de teatro coma “O Mariscal” de Ramón Cabanillas. A última película que se proxectoufoi en 1988.

 

En 1991 o cine foi demolido esó se conserva actualmente a súa fachada que é a que aparece na fotografía e que da paso a unha praza rodeada de edificios. A fachada conserva os 3 arcos principais así como a parte superior onde se podía ler “Teatro-Circo Tamberlick”. Tamén se conservan as escalinatas que dan acceso ás portas principais



Díaz Rodríguez, Mara

A fotografía foi tomada aproximadamente no ano 1970 en Panxón, Pontevedra. Detrás de todo pode verse unha valla de pedra que arrodea a igrexa de Panxón, que é unha edificación grande e de pedra, de estilo gótico e modernista. Un pouco mais lonxe da igrexa, no primeiro plano, atópanse dúas nenas e un neno mais pequeno, detrás deles hay un prado cunha pequena casa, hoxe en día nese prado atópanse os restos da pequena primeira igrexa que houbo en Panxón. As dúas nenas visten unha chaqueta e un vestido de cor clara, uns zapatos escuros e us calcetíns altos e claros; mentres que o neno viste unha chaqueta escura e uns calcetíns e zapatos claros. As dúas nenas son máis maiores, a da dereita e máis alta ca da esquerda, e o neno é o máis pequeno. As rapazas chámanse Maruja e Manoli, e o rapaz é Jose Luis. A fotografía foi tomada o día da palma, por iso o neno mais pequeno, Jose Luis, leva unha.



Domínguez García, Catalina

Nesta foto están a miña bisavoa Mercedes, a miña avoa Rosa e as miñas tías María Jesús e Elena. A foto fíxose no pobo dos meus bisavós que esta en Ourense. Alí uns anos antes de 1970 había ido a miña familia de visita xa que facía tempo que non ían. Para ter un recordo de aquel día decidiron facer unha foto das tres xeracións de mulleres da familia. A foto a fixo o meu avó e meu pai non estaba porque aínda non había nacido. No pobo quedáronse unhas semanas, xa que aqueles días celebraron o aniversario da miña tía María Jesús é unha semana máis tarde o da miña bisavoa. A foto fixérona  o día que volvían a casa en Pontevedra, por iso vese un coche de lonxe. A casa borrosa que esta ao fondo entra a cabeza da miña bisavoa e a miña avoa é a casa dos meus bisavós.



Dopico Domínguez, André

Nesta foto datada no ano 1950, aparecen entre os nenos, o meu avó Lolo (8 anos), miña avoa Marisa (6 anos) e a miña tía avoa Menza (10 anos). Estamos diante da foto de familia da Escola de Doña Oliva, todos eles coas suas millores roupas e ben peiteados para a ocasión. Esta era unha escola unitaria, situada no lugar da Gandara no Concello de Narón (A Coruña). Nesta escola a mestra Doña Oliva ensinaba a un grupo de máis de trinta nenos do barrio e incluso da contorna, con idades entre catro e dez anos. Os seus pais os levaban para darlles formación académica, alí aprenderon a leer e escribir, a sumar, restar,

multiplicar e dividir. Esta foi para todos eles a súa primeira experiencia educativa, baixo unha estricta disciplina pero con moi bos recordos do tempo alí pasado. Despois de esa etapa moitos foron a outras escolas, institutos e incluso a universidade.


Enríquez Rodríguez, Eloy

Esta é una foto feita no ano 1961, na aldea de Vilanova dos Infantes. Nela sae o meu avó Luis, o seu  irmán Manolo,o meu bisavó Luis (sogro do meu avó Luis), un tío-bisavó meu chamado Pepiño (cuñado do meu bisavó), e outros veciños do pobo como Pepe, Nito, Celso e Modestiño.

Ese día viñan de facer a chamada “Danza dos Zapateiros”, unha danza feita polo gremio dos zapateiros cada quince de setembro en Vilanova dos Infantes na honra da Virxe do Cristal. Como se pode observar na foto, ían vestidos co “traxe de danzar”, que consta principalmente dunha saiola e uns pololos, unas fitas cruzadas polo peito e un sombreiro adornado con flores.

Teño moitas orixes deste pobo, e ademais do meu avó e meu bisavó máis membros da miña familia danzaron, como meu tataravó, miña tía, ou miñaavoa, que foi das primeiras mulleres en danzar. Ata 1969 ás mulleres estáballes vetado, a escasez de homes debido á emigración permitiulles acceder á danza.

Hoxe en día e cada quince de setembro aínda podemos contemplar esta preciosa danza. Nos últimos anos abundan as mulleres facéndoa xa que hai máis mulleres que homes na aldea.



Francisco García, Violeta

Nesta foto están o meu avó( Leal Francisco Gamarra ), coa súa irmá ( Fideli Francisco Gamarra ).

O meu avó nesta foto tiña 13 anos e está feita en 1961. Nesa época, era moi común que en todo os colexios, tanto privados como públicos, cando chegaba o final de curso facíanse unha fotografía. Se tiñas irmáns, con eles e se non, ti só. Ti sentabaste na mesa do mestre o umestra, detrás sempre había un mapa do mundo ou mesmo de España ou Portugal que se empregaba no día a día nas clases ( a mestra preguntaba as capitais, as provincias, as comunidades,…). Tamén nas mesas había libros para darlle un ambiente escolar.

Só fun á escola para sacar o certificado de estudos primarios, para aprender historia sacra, xa que o meu pai iso non nolo ensinou. Empecei a traballaraos 14 anos, un ano e medio despois máisou menos de facer esa foto .” É o que dicía o meuavó.


Frechoso López, Pablo

A foto e da voda do irmán do meu avó, casou o 5 de xaneiro de 1968, na aldea de Vilamaior concello de Sarria (Lugo).As vodas de antes non se parecen en nada as de agora , o convite foi na casa neste caso da noiva , de comer puxeron cocido  e polo e para rematar a festa  todos bailaron o son dun músico tocando o acordeón.Lémbranse que era un día chuvioso e con moito frío. A noiva tivo que poñer botas de goma para ir a igrexa.

Na foto aparecen os noivos, Antonio e Pura detrás da torta nupcial , a dereita do noivo o seu irmán Ismael que é o meu avó ,e foi o padriño,o seu carón seus pais, meus bisavós, Eliseo e Leonor, a esquerda a nai da noiva Mercedes,Pepe irmán da noiva e Dalmiro o irmán maior do meu avó, aparecen outros familiares xa que normalmente invitaban a familiares e veciños.



González Fernández, Irene

Iste son eu no meu traballo, nesa época traballaba nun banco, pero tamén traballei nunha tenda de comida, e tamen traballei de repartidor de cartas, bueno ao que iba, nesa foto estaba sentado na miña mesa de traballo, encima da mesa había un teléfono, no que atendía aschamadas, unhas caixas para archivarlle a correspondencia aos clientes, e decir, cando tardaban moito en vir, archiváballe as súas

correspondencias, ademais diso, tamen tiña un télex, que é como unha especie de tele/ordenador, que facía o traballo dunha maquina de escribir para comunicarse con outros bancos ou incluso con outros

países, nese momento estaba traballando no posto de oficial segundo, pero tamén estive en caixa, que pagaba a xente que veñia, cobraba, etc de chofer conducindo un coche do banco



Iglesias Gómez, Lucía


Iglesias Pardo, Erea

É unha foto en branco e negro do ano 1968 cando a niña aboa tiña 15 anos. Nela aparecen un grupo de xente nova rindo e posando nun monte. Un deles ( meu avó) esta dándolle de beber ao outro cunha bota. Para ser unha Romería chámame a atención que o meu avó estea vestido cun pantalón branco xa que están tirados no chan. Ao fondo pódese apreciar que hai unha morea de xente de espaldas atendendo á procesión que acontecía polo outro lado.

A niña avoa e a súa pandilla subían o último sábado de xaneiro de cada ano a San Xiao. Unha capela do monte que está, subindo desde Cariño ata o cabo Ortegal (a metade de camiño). Era unha oportunidade para que os mozos e mozas se xuntaran para divertirse. Nesta Romería de 1968 foi cando os meus avós se coñeceron e apartires de aquí comenzaron unha relación de noviazgo. A niña avoa cun Xersei branco tiña 15 anos e o meu avó con pantalóns brancos tiña 21.

A pandilla xunábase no pobo pola mañá, e subían cantando e bromeando polo sendeiro ata a capela, pasaban o día comendo e bebendo no monte, e a tardiña baixaban e continuaban ca festa no pobo.



Iglesias Prieto, Iria

As persoas que están na fotografía sitúanse na provincia de Ourense no concello de Montederramo, concretamente nun pobo chamado Graña de Seoane. As persoas están celebrando a romaría en honor ao San Vítor mentres merendan todos xuntos sentados ou deitados nunha manta estendida sobre o céspede dun lameiro da zona. Esta foto ten 65 anos, basicamente é do ano 1960 e concretamente é do último domingo de agosto cando se fixo e celebrou a romaría. Empezando por atrás desde a esquerda as persoas son/chámanse: José Luis, Pacífico, Generosa, Eugenio, Samuel, Ramón, Odilo, Agustina, Avelino, Josefa, Isaac, na liña de máis adiante (a do medio-diante) están o avó Benigno, Santiago, Pilar, Generosa, Lola, Esperanza e por último de todo a persoa de adiante deitado chámase Ramiro. Ese día da romaría empezaban sacando o Santo en procesión, logo tiñan unha festa popular onde cantaban cantigas populares da época. Despois pola tarde facían unha festa igual ca mañá todos onde merendaban e facían por último unha verbena pola noite logo de todo.



Lareo Costas, Hugo

Nesta fotografía obsérvase unha nena pequena duns catro ou cinco anos de idade. Ela está sentada nunha mesa e enriba desa mesa atópase un mantel con diferentes debuxos. A nena encóntrase sostendo un ramo de Dálias. A meniña leva posto un vestido de puntos, que se semella ao estampado dos vestidos andaluces, sen embargo, non se aprecia a cor xa que a foto está en branco e negro. Leva postas unhas botas moi pequeniñas e uns calcetíns que parecen de lá. Encóntrase no campo ou nunha finca posando para a foto, sorrindo e coas pernas entrecruzadas. A meniña leva un mechón de pelo, que parece ser ondulado, recollido cun moño. Na foto non se aprecian as cores xa que é moi antiga. Antes non había cor nas fotos por iso se facían en branco e negro. Está nena e a miña avoa Pilar por parte de nai e a foto a sacaron cando ela tiña catro anos, na zona de Saiáns, no 1950.



Comments


bottom of page