top of page

As imaxes do patrimonio EDLG (2024-2025)

  • Foto del escritor: edlgalexandreboved
    edlgalexandreboved
  • 11 abr
  • 3 Min. de lectura

Actualizado: 20 abr

Velaquí as fotografías recollidas polo alumnado do EDLG do IES Alexandre Bóveda ás súas familias durante as vacacións de Nadal de 2024; e que servirán para participar no VIII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas, que se celebrará este curso. Botádelle un ollo, porque nin as fotos nin as historias teñen desperdicio.


Clara Carrera Fandiño


Nesta fotografía de finais dos anos 50, aparecen tres xornaleiras con cestos de uvas vendimiados. Este traballo do campo consistía en cosechar as uvas,xeralmente para a produción de viño ou licor. Ao vendimiar as uvas e botarse dentro do cesto estas iban esmagándose, e mais se estaban moi maduras. Ao levalas cargadas na cabeza,solíalles corregar todo ese mosto pegaxoso polo corpo, estando moitas veces molladas durante toda a xornada.

A esquerda encóntranse dous rapaces, en este caso, os meus tiosavós Pepito e Alfonso, que axudaban recollendo os bagos do chan. Detrás deles está a miña tataravóa Palmira que era a matriarca da familia xa que enviudou moi nova. E no centro, a miña bisavóa Joaquina. No cesto das uvas pódese ver as iniciais JT que significaba José Tabóas, o meu bisavó. A foto está situada no eido da Veigadraga que é un barrio da aldea de Vilasobroso, onde criouse toda a miña familia.



David Alonso Martínez (1º BACH A)

Esta fotografía histórica da Praza da Princesa de Vigo dos anos 30 (na época da república) ofrece unha visión da vida cotiá nese período. A imaxe capta un mercado local animado, onde vendedores, compradores e residentes participan no comercio e as interaccións sociais. As mulleres levan saias longas e rodelas na cabeza, mentres que os homes levan sombreiros e chaquetas, que reflicten a moda modesta da época. O mercado está cheo de produtos esenciais como carne fresca, peixe, froitas, verduras e téxtiles, destacando o papel da praza como centro comercial.

Ao fondo, característicos edificios galegos de pedra con fiestras de madeira bordean a praza, mostrando a arquitectura típica galega en Vigo. A presenza dun farol de gas suxire un momento de transición entre a infraestrutura tradicional e a moderna. Mercados coma este foron cruciais para a economía local de Vigo, que daquela era unha vila pequena.

Este mercado tamén foi un espazo social, especialmente para as mulleres que xestionan as necesidades do fogar, reforzando os roles tradicionais de xénero.

En resumo, a fotografía recolle un espazo de comercio local e de ocio no que as persoas reuníanse para intercambiar produtos e interaccións sociais.


Paula Garea González

Nesta foto, pódese ver a miña bisavoa, a nai do meu avó materno, que é a persoa entrevistada na grabación e que nos explica como traballaba cun apeiro cortando a herba para logo botarlla aos animais de comida.

No audio explícanos que empregabase tamén para cortar a herba de secano, e dicir,para alimentar aos animais en inverno. A ferramenta que emprega para cortarla é unha gadaña, que na entrevista, o meu avó di que era o único método para cortar a herba daquelas, arredor do ano 1960. Como se explica na gravación, cando a gadaña non cortaba ben había que afinala e crabuñala, isto facíase cun martelo enrriba dun xunco pequeno e se lle ía afiando o fio a gadaña, e despois afiábase cunha pedra de afiar.

Esta fotografía foi tomada na provinvia da coruña, concretamente en Arzúa, mentres realizábase unha das actividades de todolos días no medio agrario.


Susana Cid Navascués

Esta fotografía amosa un neno cuxa idade non chega ás dúas cifras, na década dos 70. Nunha primeira impresión, obsérvase a un neno tranquilo e mesmo cachazudo, perfectamente vestido e desbordante de vitalidade. Mais ese tímido sorriso agocha un temor a un novo mundo.

Esta imaxe tomouse en Venezuela e o protagonista e o meu pai, cuxos proxenitores son dous ourensáns que emigraron cara a este país latinoamericano coa procura dun medio de vida. Mais, unhas décadas despois, a situación turbulenta e o inicio da decadencia deste país obrígaos a regresar a súa terra natal, Galicia. Alí serán acollidos por unha comunidade na que mesmo a miles de quilómetros de distancia, sempre formaron parte.

Na cachola deste cativo, unha morea de emocións persisten no seu interior, ocultas detrás dunha postura inexpresiva. Un novo continente, unha nova escola, novos amigos, nova cultura… En definitiva, o inicio dunha nova vida, un renacer que experimentará este neno, e unha despedida a esta terra, que mais de medio século despois, non volvería ver en persoa. Mais a maxia de Galicia e a súa propia esencia levaríao ata unha terra da cal sentiríase parte o resto da súa vida.



Sofía Mariño Pereira






Comments


bottom of page